1 / 35

QVARE LINGVA LATINA?

QVARE LINGVA LATINA?. ¿POR QUE O LATÍN?. A vida do latín non remata co Imperio Romano. Na súa versión popular evoluciona cara as linguas romances, que son os restos vivos da fala de Roma.

makya
Download Presentation

QVARE LINGVA LATINA?

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. QVARE LINGVA LATINA? ¿POR QUE O LATÍN?

  2. A vida do latín non remata co Imperio Romano. Na súa versión popular evoluciona cara as linguas romances, que son os restos vivos da fala de Roma. Mais a Europa da ciencia, as artes e a cultura non coñecerá, durante máis de 1.000 anos despois da caída do Imperio, outra lingua que o latín. Nas diapositivas seguintes verás abondosos exemplos disto, e tamén da pervivencia actual da lingua e a cultura de Roma, en eidos que sen dúbida non sospeitas. Que che aproveite a viaxe.

  3. SCIENTIA ciencia

  4. Velaquí as portadas de catro libros capitais na historia da cultura e a ciencia europeas: a Astronomía de Nicolás Copérnico, a Utopía de Tomás Moro, o tratado de Botánica de Carl Linneo, e os Principios matemáticos de Isaac Newton. Todos eles foron escritos en latín, a lingua de comunicación científica en Europa ata case o s. XIX.

  5. UNIVERSITAS universidade

  6. Gaudeamus igitur, iuvenes dum sumus.Gaudeamus igitur, iuvenes dum sumus. Post iucundam iuventutem,post molestam senectutem,nos habebit humus, nos habebit humus Vbi sunt qui ante nos in mundo fuere? Vbi sunt qui ante nos in mundo fuere?Vadeas ad inferos,transeas ad superos,hos si vis videre, hos si vis videre. Vivat Academia! Vivant professores! Vivat Academia! Vivant professores! Vivat membrum quodlibet!Vivant membra quaelibet! Semper sint in flore! Semper sint in flore! Gocemos, pois, mentres somos novosGocemos, pois, mentres somos novos. Tras a fermosa xuventude,tras a molesta vellez, hanos cubrir a terra, hanos cubrir a terra. ¿Onde están os que antes de nós estiveron neste mundo? ¿Onde están os que antes de nós estiveron neste mundo?Baixa ós infernos, viaxa ó ceo, se os queres ver, se os queres ver. ¡Viva a Universidade! ¡Vivan os seus profesores! ¡Viva a Universidade! ¡Vivan os seus profesores! ¡Viva cada membro! ¡Viva cada un dos seus membros! ¡Que sempre florezan! ¡Que sempre florezan!

  7. O que vés de escoitar é o himno universitario. Letra e música son de autor descoñecido, aínda que coa forma actual empezouse a cantar nalgunhas universidades alemanas no s. XVIII. Hoxe en día emprégase como himno en todas as universidades do mundo, aínda que o poema, máis longo, tén estrofas pouco académicas, como a seguinte. ¿Seras quen de comprender o que di? Vivant omnes virgines, faciles, formosae! Vivant omnes virgines, Faciles, formosae!Vivant et mulierestenerae, amabilesbonae, laboriosae

  8. As Universidades son producto da Europa baixomedieval e en todas elas ensinábase en latín, o que favorecía a circulación de ideas por todo o continente. Velaquí tés os emblemas de sete universidades con cadanseu lema en latín: Santiago (“Selo real da Universidade Compostelana”), Lisboa (“Cara a luz”), a Universidade Nacional de Educación a Distancia [UNED] (“A sabedoría é a máis móbil de todas as cousas móbiles”), Oxford (“O Señor é a miña iluminación”), Sevilla (“Selo da Universidade Literaria de Sevilla”), Valencia (“Fernando, rei dos aragoneses pola gracia de Deus / Papa Alexandre VI de Valencia”), e Tel-Aviv (“Luz e verdade”).

  9. MVSICA música

  10. A música culta cantada foi durante moito tempo en latín, sobre todo se era de carácter sacro. Aquí podes ver unha partitura cun fragmento de canto gregoriano, estilo propio da Idade Media. A ver se coñeces as músicas e os autores das seguintes diapositivas. E atrévete coas letras…

  11. Lacrimosa dies illaqua resurget ex favillaiudicandus homo reus. Huic ergo parce, Deus.Per Iesu, Domine,dona eis requiem. Amen. Unha das pezas musicais máis famosas é a que W. A. Mozart compuxo para unha misa de requiem pouco antes de morrer, en 1791. A letra está baseada na empregada nos funerais da liturxia católica. Velaquí un fragmento coa súa letra Magoento día aquel no que rexurdirá da cinza o home culpable para ser xulgado. Por iso perdóao, Deus. Por Xesús, Señor, dálles descanso. Así sexa.

  12. Mais en latín tamén temos música profana. A máis famosa é a dos Carmina Burana: un conxunto de poemas latinos do s. XIII escritos por estudiantes da abadía de Benediktbeuern, preto de Munich. O seu contido é moitas veces festivo, e mesmo erótico, o que lles deu moita sona, sobre todo a partir do s. XIX. En 1936, Carl Orff púxolles música e converteu a seguinte peza en inmortal. É imposible que non a coñezas. Atención á letra.

  13. O Fortuna, velut Luna statu variabilis, semper crescis aut decrescis; vita detestabilis nunc obdurat et tunc curat ludo mentis aciem; egestatem, potestatem, dissolvit ut glaciem. Sors immanis et inanis, rota tu volubilis, status malus, vana salus semper dissolubilis; obumbrata et velata mihi quoque niteris; nunc per ludum dorsum nudum fero tui sceleris. Sors salutis et virtutis mihi nunc contraria; est affectus et defectus semper in angaria; hac in hora sine mora cordae pulsum tangite! Quod per sortem sternit fortem, mecum omnes plangite! Ah, Fortuna, como a Lúa de variable estado, sempre creces ou decreces; a detestable vida agora sosténnos e logo agobia a nosa mente co seu xogo; a pobreza, e a riqueza, fúndeas como o xelo. Sorte, [es] cruel e vana, ti, roda inestable, de mala actitude, irreal salvación sempre esvaéndote; ensombrecida e oculta vés contra min; agora, por xogar, levo o lombo nu polo teu crime. A sorte da salvación e da virtude están fóra do meu alcance; váiame ben ou váiame mal sempre son o teu escravo; nesta hora sen demora ¡tocade as cordas! Xa que pola sorte derrota ó forte, ¡chorade todos comigo!

  14. IMAGINES COMICAE comic

  15. Astérix constitúe outra mostra da pegada da cultura romana, e do seu poder de fascinación. Creado en 1959 por René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (debuxos), converteuse nun dos cómics máis lidos de todos os tempos. As súas historias están traducidas a máis de 20 idiomas... E o latín non podía ser menos, ¡por Tutatis!

  16. LITTERATVRA literatura

  17. Arma virumque cano, Troiae qui primus ab oris Italiam fato profugus Laviniaque venit litora, multum ille et terris iactatus et alto vi superum, saevae memorem Iunonis ob iram, multa quoque et bello passus, dum conderet urbem inferretque deos Latio; Cántolle ás armas e ó home aquel que, fuxindo o primeiro das beiras de Troia, veu en mans do destino cara Italia e as praias do Lacio, empurrado por mar e terra pola forza dos deuses, e por causa da ira da cruel Xuno, que non esquece; moitas penas pasou, e mesmo unha guerra, ata fundar unha cidade, e traer os deuses ó Lacio;

  18. A veneración que a literatura europea sentiu por Publio Virxilio Marón (70-19 a.C.) foi máxima. A súa obra principal, a Eneida, foi a influencia fundamental dunha inmensa lista de poetas europeos. Pensemos que Dante, na súa Divina Comedia, escolle a Virxilio como guía na súa viaxe polo Inferno e o Purgatorio. Ademais, aínda hoxe as aventuras de Eneas na súa viaxe desde a arruinada Troia ata Italia son lidas por infinidade de persoas en multitude de linguas.

  19. MANVSCRIPTI manuscritos

  20. Nada da literatura latina tería chegado ata nós de non ser polo labor calado dos monxes de moitos mosteiros europeos que durante a Idade Media se dedicaron a copiar e conservar esas obras. Algúns dos manuscritos conservados, literarios e doutros tipos, son auténticas obras de arte.

  21. PECVNIA diñeiro

  22. Cuñar moeda sempre foi unha mostra de poder. Reis e emperadores europeos facían estampar as súas efixies en moedas, acompañadas dun lema en latín, como os emperadores romanos. Velaquí moedas do emperador romano Augusto (27 a.C.-14 d.C.), o emperador francoalemán Carlomagno (800-814), os Reis Católicos (1479-1516), e os monarcas do Reino Unido Xurxo VI (1936-1952) e Isabel II (1952-)

  23. LVDI deportes

  24. O mundo do deporte aínda hoxe segue a empregar o latín, como podes ver nesta diapositiva e na seguinte. Arriba temos nunha medalla co lema olímpico: “Máis rápido, máis alto, máis forte”. Debaixo, nun disco de hoquei sobre xelo lese “Que leve a palma (da victoria) quen a mereza”. Por certo, o tema era o Himno Olímpico.

  25. Estes dous escudos pertencen a dous clubes de fútbol ingleses. No da esquerda, pertencente ó Everton F.C. (fundado en Liverpool en 1878) lemos “Nada é abondo se non é o mellor”. O da dereita (do Blackburn Rovers, fundado en 1875) contén tamén unha divisa en latín, que se pode traducir como “Con arte e esforzo”.

  26. IVS ET LEX dereito e lei

  27. IVSTITIA CAECA EST mos, moris imperium, -i potestas, -atis constitutio, -onis IVS EST ARS BONI ET AEQVI

  28. LEGES XII TABVLARVM Desde que os plebeios conseguiron dos patricios que se consignase a lei por escrito, o Dereito tén percorrido un longo camiño, e segue. Todo o noso sistema de convivencia baséase no imperio da lei, establecida por escrito, non dunha persoa ou un grupo social. Todo iso comezou co Dereito Romano, base do Dereito occidental actual.

  29. LATINE COTIDIE en latín todos os días

  30. En fin: o latín segue vivo tamén en multitude de expresións que aínda lemos e empregamos a cotío, algunhas das cales aprenderás ó longo deste curso. Ánimo, xa que Audaces Fortuna iuvat (“A Fortuna axuda ós audaces”)

More Related