1 / 29

OS SÉCULOS ESCUROS E O REXURDIMENTO NA LITERATURA GALEGA

OS SÉCULOS ESCUROS E O REXURDIMENTO NA LITERATURA GALEGA. 3.º DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR. ETAPAS DA LITERATURA GALEGA. ÉPOCA MEDIEVAL (V-XV): GRAN ESPLENDOR. CANTIGAS DE AMOR, DE AMIGO E DE ESCARNIO. SÉCULOS ESCUROS (XVI-XVIII): ETAPA DE DECLIVE DA LITERATURA GALEGA.

avian
Download Presentation

OS SÉCULOS ESCUROS E O REXURDIMENTO NA LITERATURA GALEGA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. OS SÉCULOS ESCUROS E O REXURDIMENTO NA LITERATURA GALEGA 3.º DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR

  2. ETAPAS DA LITERATURA GALEGA • ÉPOCA MEDIEVAL (V-XV): GRAN ESPLENDOR. CANTIGAS DE AMOR, DE AMIGO E DE ESCARNIO. • SÉCULOS ESCUROS (XVI-XVIII): ETAPA DE DECLIVE DA LITERATURA GALEGA. • REXURDIMENTO: RECUPERACIÓN DA LITERATURA GALEGA. DIVÍDESE EN DOUS PERIODOS: (A) PRECURSORES DO REXURDIMENTO; (B) O REXURDIMENTO PLENO.

  3. OS SÉCULOS ESCUROS (XVI-XVIII) • É unha etapa de “sequía” para o galego: apenas hai literatura e o galego redúcese ó ámbito familiar e á lingua oral. • Causas: Galicia pasou a depender da coroa de Castela, que implantou unha política centralista e instalou nos postos de poder a persoas de orixe castelá. • Esta elite impuxo o castelán como lingua da Administración, da Igrexa e do Ensino.

  4. OS SÉCULOS ESCUROS (XVI-XVIII) • Outros axentes castelanizadores desta época foron: • A imprenta, que só usaba o castelán nos textos impresos. • A Universidade, fundada en Santiago por Alonso de Fonseca en 1495: só promovía o uso do latín e do castelán. • Fronte a esta situación de marxinación na que vivía o galego levántanse varias voces de protesta: O PADRE FEIXOO E FREI MARTÍN SARMIENTO.

  5. SÉCULOS ESCUROS Ambos os dous autores escribiron as súas obras en galego. Concretamente, Sarmiento reivindicou a necesidade da escolarización en galego e a obriga dos cargos que exercesen en Galicia a aprender a lingua propia.

  6. O SÉCULO XIX • "Rexurdimento" é o nome co que se coñece o século XIX na historia da nosa literatura. Neste século produciuse a recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. • O Rexurdimento é un fenómeno que vai moito máis alá da literatura: representa a vontade por recuperar a identidade galega. • A publicación en 1863 de Cantares Gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno.

  7. CARACTERÍSTICAS DO XIX EN GALICIA • O galego é falado por máis do 90% da poboación (labregos, mariñeiros, artesáns...). • O castelán era a lingua que representaba o poder (fidalgos, cregos, médicos, mestres...). • O 90% da poboación era analfabeta. • O XIX é un século de inestabilidade política. • Nace o caciquismo na política ó servizo do poder central. • Enorme pobreza entre as clases máis baixas que aínda deben someterse a un sistema foral no que se beneficiaba a fidalguía e a igrexa (pago dun arrendamento aos propietarios das terras). • Como consecuencia a poboación galega vese obrigada a emigrar.

  8. CARACTERÍSTICAS DO XIX EN GALICIA • Nace o galeguismo como resposta ó dominio absoluto que exercía o goberno central. Dentro do galeguismo existen varias fases: • PROVINCIALISMO: reclama que Galicia sexa considerada como unha soa provincia gobernada principalmente por organismos galegos. O goberno central desoe estas peticións e divide Galicia nas catro provincias que existen hoxen en día, perdendo as zonas limítrofes de Asturias, León e Zamora. • FEDERALISMO: chegou a redactar unha Constitución para o Estado Galaico.

  9. FASES DO GALEGUISMO • REXIONALISMO: defensa das características propias de Galicia: idioma, autogoberno, abolición dos foros. • NACIONALISMO: nace xa no século XX coa creación das Irmandades da Fala. Defende sobre todo a soberanía de Galicia. O seu maior logro foi a aprobación do Estatuto de Galicia en xuño do 1936.

  10. O PRERREXURDIMENTO • Entre principios do XIX e 1863 • Relaciónase co Provincialismo (movemento político que pedía que Galicia fose unha única provincia) • Ao principio úsase o galego en textos que animan á loita contra a invasión francesa (1808). • Todos os escritores que publicaron antes de 1863, ano da edición de Cantares gallegos, de Rosalía, en que se inicia o Rexurdimento, son chamados precursores. A literatura do s. XIX carecía de referentes anteriores pois nos Séculos Escuros case non houbera textos escritos inda que esta se mantiña na oralidade (contos, cantigas...). • Entre os precursores destacaron os poetas Xoán Manuel Pintos e Francisco Añón

  11. AUTORES DO PRERREXURDIMENTO • XOÁN MANUEL PINTOS. • Escribiu: A gaita gallega, na que, mesturando galego e castelán, fai unha defensa da dignidade do galego e ofrece un pequeno manual para aprendelo.

  12. XOÁN MANUEL PINTOS (1812-1876) Óu Galicia, Galicia boi de pallaCanta lástima tèn de ti o Gaiteiro!O aguillon que che menten è de aceiroE con el muita forza te asoballa. No lombo teu zorrega, bate e mallaFasta o máis monicreque ferrancheiro,E calesquer podenco forasteiroTe vafa, de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratosOu vívoras que postas ò teu peitoCo ferrete che rompen mil buratos! Si o sangre teu refugas do teu leito,Malas novas, madrasta de insensatos,Dos fillos teus ò amor non tès dereito. Portada de A gaita gallega

  13. AUTORES DO PRERREXURDIMENTO • FRANCISCO AÑÓN • Foi unha persoa moi comprometida coas ideas progresistas, polo que tivo que exiliarse. • Escribiu numerosos poemas publicados en xornais, nuns ofrece unha visión costumista, outros presentan unha visión reivindicativa.

  14. FRANCISCO AÑÓN (1812-1878) Ay esperta, adorada Galicia,D'ese sono en q'estás debruzada;D'o teu rico porvir a alboradaPo-l'o Ceo enxergándose vay. Xa cantando os teus fillos te chaman,E c'os brazos en cruz se espreguizan...Malpocados! O q'eles cobizanÉ un bico d'os labios d'a Nay.

  15. A última actividade dos precursores foi o certame poético dos Primeiros Xogos Florais, na Coruña, en 1861. PRERREXURDIMENTO Pondal Añón Rosalía Só lle concederon un accésit a Añón e en 1862 publicáronse todos os poemas do concurso no Álbum de la Caridad, primeira compilación poética do s. XIX.

  16. O REXURDIMENTO PLENO • 1863 - 1916 • Relaciónase co Rexionalismo (movemento político e cultural que concibe a Galicia como rexión, reinvindica as súas particularidades culturais e pide unha certa autonomía). • Autores principais: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e ManuelCurros Enríquez. • Dúas datas básicas: • En 1863 publícase Cantares gallegos de Rosalía de Castro. • 1880. Neste ano publicáronse Follas novas de Rosalía de Castro eAires da miña terra de Curros Enríquez.

  17. REXURDIMENTO PLENO Rosalía de Castro (1837-1885) inaugura este período coa publicación de Cantares gallegos en 1863, que consta de coplas populares baseadas en cantigas orais.

  18. ROSALÍA DE CASTRO * Naceu en Santiago de Compostela, en 1837, froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. * En 1856 foi a Madrid e alí casou con Manuel Murguía. En 1858 publicou as súas primeiras obras: o poemario LA FLOR (1857) e máis a novela LA HIJA DEL MAR (1859). * En 1863 Rosalía publicou CANTARES GALLEGOS, cuxa publicación marcou o inicio do Renacemento pleno.

  19. Residiu en Castela e finou na Casa da matanza en Padrón. • No ano 1880 publica o seu poemario Follas Novas. • A relevancia de Rosalía na nosa literatura é enorme. A RAG estableceu o 17 de maio como Día das Letras Galegas en conmemoración do día en que Rosalía asina o prólogo de Cantares Gallegos.

  20. En Cantares Gallegos Rosalía cédelle a voz a unha rapariga nova para que cante. En poemas de versos curtos recolle o tema do folclore e os costumes, o amor, a nostalxia pola terra, denuncia social. • Follas Novas é un libro máis intenso, moi intimista e tamén moi crítico. Amosa a madurez da autora. Divídese en cinco partes: • Dúas primeiras partes: poemas intimistas nas que a autora amosa o seu desacougo existencial. • Terceira- quinta parte: poemas sociais, críticos cos problemas de Galicia: emigración, situación da muller, a miseria e a pobreza como consecuencia da inxustiza social.

  21. Existe o mito de que Rosalía era unha “chorona”e unha persoa débil. Pero a realidade é que foi unha auténtica loitadora. Ela foi a voz das mulleres, dos pobres, dos esquecidos. • Foi unha muller moi culta e plenamente consciente da tarefa de reivindicación que estaba levando a cabo e que marcaría un fito non só na nosa literatura, senón tamén na nosa historia como pobo.

  22. ACTITUDE CRÍTICA Destaca na obra de Rosalía a súa actitude crítica e consciente dos problemas sociais. Na súa obra fai unha defensa dos máis débiles: • Defensa da cultura, da lingua e da identidade galega. • Identificación cos problemas do pobo (mulleres). • Denuncia das inxustizas cos galegos. • Reivindicación dos dereitos da muller.

  23. TEMAS • A MORTE • O PASO DO TEMPO • A NOSTALXIA DA TERRA • O AMOR • A CRÍTICA DAS SITUACIÓNS DE MARXINACIÓN (EMIGRACIÓN, POBREZA, VIUVAS).

  24. Unha vez tiben un cravocravado no corazón,y eu non m´acordo xa s´era aquel cravod´ouro, de ferro ou d´amor.Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,que tanto m´atormentóu,qu´eu dia e noite sin cesar chorabacla chorou Madalena na Pasión."Señor, que todo ó podeles-pedinlle unha vez a Dios-dáme valor pr´arrincar d´un golpecravo de tal condiçón".E doumo Dios e arrinqueimomais...¿quén pensara?...Despoisxa non sentín máis tormentosnin soupen qu´era delor;soupen so que non sei qué me faltabaen donde o cravo faltóu,e seica... seica tiven soidadesd´aquela pena... ¡Bon Dios!Este barro mortal qu´envolve o esprito¡quén o entenderá, Señor! Vendéronlle os bois,vendéronlle as vacas,o pote do caldoi a manta da cama.Véndéronlle o carroi as leiras que tiña,deixárono soio,coa roupa vestida.«María, eu son mozo,pedir non me é dado,eu vou polo mundopra ver de ganalo.Galicia está probe,i á Habana me vou...¡Adios, adios, prendasdo meu corazón!»

  25. Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. De soidás morríase, na vila sospirando pola aldea; asombrábana as casas cos seus muros, e asombrábana as torres e as igrexas. As rúas enlousadas, somellábanlle, sin verdor nin frescura, cimeterio onde os mortos fóra andaban das tristes sepulturas [...] Algunha vez chegaban hastra ela, non sei se en ilusión se de verdade, uns agrestes olidos de leixanas ribeiras e pinares. Íase estonces a sentar nun alto, contempraba os estensos horizontes, e rompendo en sospiros que a afogaban, ronca excramaba saloucando: «¡Eu voume!» ¡E íase apresa e sen remedio!... ¡Íase ca tristeza mortal que a consumía! Íase a probe Rosa, pero... ¡para a outra vida!

  26. POESÍA E MÚSICA http://sondepoetas.blogspot.com/

  27. MANUEL CURROS ENRÍQUEZ (1851-1908) Empezou cedo a facer poesía (o famoso poema “Cántiga” data de 1869). En 1877 gañou un concurso poético en Ourense con tres composicións: “O gueiteiro”, “Unha boda en Einibó”, de carácter costumista, e “A Virxe de Cristal”, unha lenda orixinaria da vila da nai, Vilanova dos Infantes, preto de Celanova, onde el naceu.

  28. O anticlericalismo e a denuncia das inxustizas sociais constitúen os temas de Aires da miña terra (1880). A Igrexa perseguiuno por impío ata facerlle perder a súa praza de funcionario en Ourense. (O poema “O maio” constitúe un exemplo claro de poesía anticlerical: http://sondepoetas.blogspot.com/2007/09/o-maio.html Do mar pola orelamireina pasar,na frente unha estrela,no bico un cantar.E vina tan soiana noite sin fin,¡que inda recei pola probe da tolaeu, que non teño quen rece por min!A musa dos pobosque vin pasar eu,comesta dos lobos,comesta se veu…Os ósos son delaque vades gardar.¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

More Related