540 likes | 1.24k Views
OS OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS. TRADICIONALMENTE EN GALICIA EXISTIRON DIVERSOS OFICIOS QUE SE TRANSMITÍAN DE XERACIÓN EN XERACIÓN E QUE PERVIVIRON DURANTE MOITOS ANOS.
E N D
OS OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS
TRADICIONALMENTE EN GALICIA EXISTIRON DIVERSOS OFICIOS QUE SE TRANSMITÍAN DE XERACIÓN EN XERACIÓN E QUE PERVIVIRON DURANTE MOITOS ANOS. AGORA COA CHEGADA DA MODERNIDADE E A TECNOLOXÍA MOITOS DELES ESTÁN INDO A MENOS INCLUSO PODEN CHEGAR A DESAPARECER SE ISO NON SE TRANSMITE OU DEIXA DE SER ÚTIL.
ALGÚNS DESTES OFICIOS SON: • AFIADORES • CARPINTEIROS • OLEIROS • TELLEIROS • FERREIROS • ZAPATEIROS • PALILLEIROS • CANTEIROS • ETC
OS AFIADORES
Un afiador é unha persoa que ten como oficio o de afiar. • O dos afiadores é oficio ambulante por excelencia, característico da provincia de Ourense. • No seu traballo chegaban ata recantos moi distantes da súa orixe e tal vez por iso, para fortaleceren a comunidade de oficio, crearon o barallete,
O BARALLETE é a xiria utilizada polos afiadores do concello ourensán de Nogueira de Ramuín. Esta xerga tamén era utilizada por músicos e por outros profesionais ambulantes, como follateiros ou paragüeiros ourensáns. • Hai unha serie de trazos básicos que caracterizan o barallete: • Abundan os substantivos que designan as ferramentas do seu oficio, obxectos de uso común, comidas e bebidas, etc. • Os adxectivos, menos abundantes, expresan a calidade das cousas ou a pouca habilidade no oficio. • Os verbos, case todos da primeira conxugación, expresan maioritariamente accións desenvolvidas polos distintos oficios.
BREVE VOCABULARIO DO BARALLETE • abaixentar (baixar) aforcar (deitar) agustín (leite) • Ancha (Castela) androlea (perna) arreador (afiador) • Arrica (América) arromanar (falar, fala-lo barallete) • bato (pai) belbas (gardas, gardas civís) belén (home) • belenas (mulleres) Berria (Asturias) bicudo (porco) • Biqueque (Portugal) brote (pan) cairolo (vello) • calmar (dar) caneante (ambulante, camiñante, afiador)
As súas saídas eran eventuais, traballaban durante uns meses e retornaban ós seus lugares de orixe. • O seu aparello de traballo era unha roda (tarazana ou toura, en barallete) e unhas poucas ferramentas para afiar coitelos, tesoiras, fouces... • É frecuente que compartan esta dedicación coa de paraugueiros, cantorleiros e zarralleiros. • Anunciábanse na rúa tocando o chifre.
OS ALBANEIS
Persoas que realizan traballos de construcción (alzado de muros, paredes, zanxas, encofrados, preparacion de cemento, etc.) reparación ou reforma con materiais de obra. • Tradicionalmente foi un oficio gremial: o candidato era presentado por un dos membros e tras ser aceptado, comezaba como aprendiz para despois co tempo e a experiencia podía ir subindo de grao ata chegar a mestre.
OS ALBARDEIROS
Os albardeiros manufacturan o coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para fabricaren albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de aditamentos para as cabalerías. • A ferramenta é similar á dos zapateiros.
OS CALEIROS
Oficio tradicional que se encargaba da fabricación de cal viva que servía como morteiro e revoque na construcción, para desinfectar as cuadras do gando e as augas. • Na agricultura empregábase para rebaixar a acidez do solo. • O traballo desenvolvíase de febreiro a setembro. • Precisaba do acarreo da pedra caliza dunha canteira, reunir leña de toxo e atizar o forno (unha construcción circular realizada en granito e de forma circular) durante 3 días para cocer cada carga a uns 1000 graos. • Na comarca lucense de Masma chegou a haber unha decena de fornos traballando para a fabricación da cal.
OS CANTEIROS
Os canteiros, coa súa sabedoría artística traballan a pedra para a construcción, e tamén a lousa. • Son os labradores da pedra da arte popular e das máis espléndidas e fermosas obras da arquitectura galega e a súa existencia débese á abundancia de granito, fundamento da paisaxe galaica. • En toda Galicia pódese atopar unha mostra destes excelentes artistas da pedra nas casas, igrexas, cruceiros, petos de ánimas, hórreos, que constitúen as construccións máis típicas da arquitectura popular galega. • Moitos destes artistas da pedra foron perfeccionándose a través do tempo e na actualidade teñen a Escola de Canteiros no Convento de Poio, en Pontevedra. Os canteiros, especialmente os da Terra de Montes, foron os artífices de boa parte do noso fecundo patrimonio monumental. • Teñen unha linguaxe propia que utilizan para comunicarse entre eles que é chamada o "verbo dos arxinas" ou "latín dos canteiros", pois coma moitos traspasaron as fronteiras da súa terra de orixe, esta é unha maneira de crear vínculos de fraternidade.
Sempre levan a ferramenta propia consigo e acostuman instala-lo taller ó pé da obra.Para que os canteiros poidan traballar na pedra, antes, os pedreiros teñen que arrincar dos montes os bloques de pedra. • Na actualidade esta tarefa mecanizouse por completo, máis noutras épocas, para extrae-la pedra tiñan que usa-lo pico, as cuñas, o martelón, e finalmente a dinamita para rompe-los bloques de granito. Despois, co auxilio dunha ferramenta chamada "paoferro", (unha barra de ferro usada coma palanca) subían ó carro dos bois estes bloques de pedra.
OS CANTORLEIROS E ZARRALLEIROS
O dos cantorleiros e zarralleiros é un oficio ambulante. • A súa labor consistía en amañar pezas gastadas polo uso coas ferramentas que levaban nun caixón colgado ó lombo. • O cantorleiro ocupábase da louza que estaba rota. Fai uns buratos na peza coa parafusa. Logo cos alicates fai unhas grampas de arame, xunta os anacos e os vai agarrando con elas. • O zarralleiro botáballe un remendo as tarteiras ou lles tapaba os buracos ás olas. Sentado no caixón das ferramentas coa zafra cravada no chan ía compoñendo o que lle levaban (cun remache ou cunha gota de estaño).
OS CARPINTEIROS
Dentro dos carpinteiros, hai que citar que existen os de distintas especialidades: • O carpinteiro de armar, que é o que prepara e coloca a estructura dos pisos e tamén o teitume das casas. • O carpinteiro de ribeira, que é quen constrúe embarcacións de todo tipo. • O cubeiro, encargado de face-las cubas do viño; polo xeral estes eran traballadores temporais nas zonas vitivinícolas. • O carpinteiro de taller, que coma o seu nome indica ten un sitio fixo. Este fabrica os mobles para a casa e tamén as portas e fiestras. • O ebanista é máis especializado, e fai traballos máis finos. • O torneiro realiza pezas de madeira torneadas. Producían obxectos de uso doméstico e foron ambulantes, como moitos outros oficios artesanais de Galicia. • Os fragueiros fan soamente carros. • Os rodeiros, que fan unicamente as rodas.
OS CESTEIROS
A arte da cestería é anterior á cultura dos castros. • A súa influencia pódese percibir, segundo algúns arqueólogos, na decoración trenzada das olas castrexas, nas alfaias prehistóricas e nos sinais de barro que cubrían as paredes das casas nas citanias. • Os cestos fanse tanto na vila como no medio rural, e a materia prima é a madeira de castiñeiro, carballo, colmo (palla de centeo) e tamén vimbio.
O cesteiro urbano traballa nun taller fixo. • No medio rural adoita ser traballo estacional e, por veces, ambulante, que se organiza en dúas temporadas: inverno e verán. • Os cesteiros teñen un "latín" ou xerga que se conservou na zona de Mondariz e que presenta moitos trazos en común co dos arxinas.
OS COIREIROS E CURTIDORES
O Curtido é o proceso de convertir a pel en coiro, tradicionalmente con tanino (composto químico ácido que evita a descomposición e a miúdo da cor). • As etapas do curtido son: • Preparación das peles: curándoas con sal. • Curtido: o curtido vexetal faise con tanino e o mineral faise con cromo. As peles estíranse sobre marcos e sumérxense durante semanas en cubas con eses produtos. • Terminación da superficie: Dependendo da finalidade as peles poden ser: enceradas, enrolladas, lubricadas, cortadas, afeitadas e teñidas.
OS FERREIROS E FERRADORES
Aínda non hai moito que os ferreiros fabricaban os utensilios agrícolas e tódalas ferraxes necesarias para os carros e as casas. • O ferreiro traballa na forxa, onde se instala o fogón ó que se lle insufla aire co barquín. • O material que utilizan é o ferro que extraen os mineiros, laminado nas ferrerías, que antigamente tiñan un mazo movido por unha roda hidráulica. • Actualmente os ferreiros que non se dedican á artesanía limítanse a repara-las ferramentas que se compran nas tendas. • Os ferradores, son ferreiros especializados. As ferraduras para as cabalerías ou os canelos para os vacúns polo xeral encárganllos ós ferreiros, aínda que hai algúns ferradores que as fan eles mesmos.
OS LATOEIROS
Os latoeiros fan obxectos de chapa de ferro doce (candís, formas, tanques, cazos...), utilizando unha ferramenta moi variada para moldear as pezas. • É traballo sedentario, e eles mesmos venden a súa produción, ben no propio obradoiro ou ben nas feiras.
AS TECEDEIRAS, MAZADEIRAS E FIANDEIRAS
O tecido ten como materias primas principais o liño e a la. • Predominou o primeiro durante moito tempo, ocupando amplas áreas de cultivo, e chegaron a exportarse lenzos moi apreciados. • Hoxe case desapareceu, debido á competencia da produción a gran escala doutros países, e tamén ao laborioso da súa transformación. • No proceso, case exclusivamente feminino, a planta é sometida a diversas operacións sucesivas para preparar a fibra: ripa, cocido, maza, deluva, tasca, espadela, aseda, ata que chega ao fiadeiro. • O fío pasa logo a mans das tecedeiras, que o elaboran no tear e cobran por iso unha cantidade en metálico ou unha parte do lenzo.
Seméntase o liño en abril ou no verán e embelece no fin da primavera ata o mes de agosto. • A semente emprégase para a obtención de aceite e o vexetal para o téxtil. • O liño esgota os campos, porque esixe terreos feraces e a rotación, xeralmente coas patacas ou con pradería.As tarefas adicadas ó liño son longas e complicadas, ás veces comunitarias, outras individuais, pero nelas ten un papel principal a muller campesiña. • Comeza o traballo co arrigado a recolección das plantas. • As arrincadeiras collen as plantas coas dúas mans para non rompelas. Outras mulleres limpan o liño dos últimos restos das malas herbas. • Logo os mozos ou tamén as mulleres encárganse do ripado: separan a bagaña do liño co ripo ou ripanzo(1), unha especie de peite vertical de madeira de castiñeiro con dentes serrados. • Logo do arrigado chega o empozado, bañar os feixes na auga para que maceren. Atados cunha corda de vimbio reciben o nome de molladas e o sitio pozo do liño ou liñadoiro, preto da aldea. Alí quedan entre 6 e 40 días podrecendo a casca para eliminar a cortiza. • Logo recóllese a semente ou bagaña e pasa ó palleiro. A semente é usada para outras campañas ou como medicina ou fariña. Pasado o tempo do empozado, lévanse os feixes para o secado.
Cinco días máis tarde pasa o mazado, cos mazos do liño, para separar o talo leñoso da fibra. Este traballo faino a familia ou a xente da aldea • Pero si é moito son demandadas unhas mazadeiras de oficio: sobre unha pedra baten o mangado do liño coa maza contra a pedra. • Logo, atado en augadeiras, empózase de catro a oito días para que resulte branco. • O proceso segue co tascado que é unha segunda espadela. Queda unha estopa basta que serve para facer cordas ou fíos de sacos. • O paso seguinte e o asedado: cun restrelo ou sedeiro péitanse as fibras. Logo de asedadas as estrigas quedan feitas as manelas. Dun conxunto de manelas quedan os meados xa dispostos para ser fiados. A fiada é a transformación definitiva da planta do liño para o tecido coa axuda de dous trebellos: a rouca e o fuso. • Deste traballo xorden as mazarocas que tamén se poden envolver no sarillo para facer as meadas moi grandes. Cocidas estas no xabón para branquexalas pasan á debandoira onde se obteñen os novelos do liño.
Este fío dos novelos destinado para tecer ten que prepararse primeiro na urdidoira, traballo feito por unha tecedeira profesional. Logo de urdido o liño, sácase o fío, comezando pola parte inferior e faise unha cadeneta. Así o liño pasa ó tear, onde comeza a verdadeira creación artística da fibra do liño. Todo o traballo do liño é unha labor comunitaria. • Os fiadeiros son os lugares onde veñen as mulleres a fiar. Unha reunión, mestura de traballo e festa, que é unha das fontes máis ricas da cultura popular. • O traballo era de tipo comunitario, no que as veciñas ían ó cambiado, un día na casa dunha e o seguinte na doutra. E alí levan o que van fiar. • A xuntanza fomenta as relacións sociais, mantén a conciencia de clase e a integridade do pobo. • O fiadeiro é un lugar de reunión, enchido de símbolos, personaxes, amores, ritos e fatigas e dunha grande importancia para o folclore popular.
OS OLEIROS
O oficio dos oleiros consiste en facer con barro olas, xerras, cuncas, pratos, tarteiras, pucheiros... • Normalmente o propio oleiro realiza todo o proceso produtivo, desde a extracción da materia prima na barreira ata a comercialización nas feiras. • O taller instálase nunha dependencia a carón da casa ou na mesma cociña, sempre co forno na proximidade inmediata. • A preparación da vasilla faise no torno. O tipo máis frecuente é o torno alto que se impulsa co pé, aínda que tamén se utiliza o torno baixo manual nalgunhas zonas como Gundivós, onde o traballo adoitaba ser feito polas mulleres.
OS OURIVES
A ouriversaría é o arte de traballar con metais preciosos (específicamente prata e ouro) na fabricación de xoias e ornamentos. • O profesional que realiza este tipo de traballo é o ourives. • O primeiro paso do proceso é o derretido da pepita de ouro e a súa posterior condensación nun bloque de ouro. • O ourives traballa con ese bloque de ouro igual que un escultor coa mármore. • 1.Tallaxe: O ourives utiliza un martelo ou instrumento similar para tallar o bloque de ouro, ata que o mesmo fique da forma desexada. • 2.Modelaxe: Non pasa dun refinamento da tallaxe. O ourives, coa intención de dar mellor forma ao bloque, utiliza ferramentas e instrumentos con maior grao de precisión, como matrices que estampan partes da peza de maneira uniforme, para optimizar o proceso de fabricación. • 3.Soldado: Na confección de xoias e outros produtos resultantes, pode ser necesario soldar elementos compoñentes deste produto. O soldado, por se tratar de pezas pequenas, tamén é feita con instrumentos de precisión. • 4.Refinamento: Coa xoia modelada, chega a hora do pulimento, cravado de pedras e diamantes, todo para agregar máis valor a xoia.
AS PALILLEIRAS
As palilleiras son figuras sentadas coas pernas tapadas pola longa almofada na que tecen os encaixes, entrelazando a toda velocidade palillos de fino fio. • O encaixe é unha labor de destreza, limpa e laboriosa.
OS PEDREIROS
Antes de que se mecanizase o traballo nas canteiras, os pedreiros arrincaban do monte os bloques de pedra que han traballar os canteiros. • Co pico, os guillos e o martillón, e máis tarde con dinamita, fendían as penas en grosos bloques, que desprazaban sobre roletes para trasladalos logo en carros de bois. • Antiguamente, en las canteras familiares, los mismos "pedreiros" eran los que hacían la casa, transportando la piedra con la ayuda de fuertes bueyes. • Los "pedreiros" realizaban también otros trabajos sencillos, como levantar muros en las fincas o ciertas labores de mampostería.
OS SERRANCHINS
Os serranchíns preparan a materia prima para os carpinteiros, cortando os troncos en táboas. • Moitos eran de procedencia portuguesa. • Normalmente ían itinerantes dous serranchíns e un axudante, coa ferramenta necesaria para o seu labor, que deixou de practicarse pola xeneralización dos serradoiros mecanizados.
OS TELLEIROS
Os telleiros fan tellas e ladrillos de barro cocido. É un traballo de temporada, no verán. O obradoiro está montado ao aire libre e ten como elemento básico o forno, onde cocen as pezas que van facendo no banco coas gradillas e os marcos. • Os telleiros das terras do Baixo Miño, que ían traballar por toda Galicia, conservan un "latín" chamado cavaco, polo que son coñecidos como cavaqueiros.
OS ZAPATEIROS
Os zapateiros fabrican e arranxan zapatos co material que lles mercan aos coireiros, e utilizan unha variada ferramenta. • Este oficio arraigou en varias comarcas: en Noia rexístranse verdadeiras liñaxes; en Melide chegaron a contarse vinte obradoiros que levaban os seus produtos a feiras ben distantes e alí, como en Santiago ou en Betanzos, tivo o gremio de obra prima confraría propia.
OS ZOQUEIROS