70 likes | 256 Views
UNIDADE 4. A función de reprodución. O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO. Ciencias da Natureza 2.º ESO. UNIDADE 4. O desenvolvemento embrionario. O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO. segundo onde se produce, os animais poden ser. OVOVIVÍPAROS. OVÍPAROS. VIVÍPAROS.
E N D
UNIDADE4 A función de reprodución O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE4 O desenvolvemento embrionario O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO segundo onde se produce, os animais poden ser OVOVIVÍPAROS OVÍPAROS VIVÍPAROS Preme sobre cada recadro para saber máis Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE4 O desenvolvemento embrionario Animais ovíparos • Son animais que nacen de ovos que a nai deposita no medio externo. • Neste caso, o embrión aliméntase do vitelo, que é unha reserva nutritiva propia dos ovos. • Ao finalizar o desenvolvemento, prodúcese a eclosión, a rotura da envoltura, tras a que o individuo sae ao exterior. • Existen dous tipos de ovo: • Sen casca: propios de animais de medios acuáticos, pois no medio terrestre desécanse. • Con casca: deposítanse en terra, pois non sofren desecación. Os sapos son ovíparos, e poñen os seus ovos na auga, pois estes carecen de casca e desécanse en terra. Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE4 O desenvolvemento embrionario Estrutura do ovo Amnios:forma a cavidade amniótica, que está chea do líquido amnióticono que flotao embrión. Saco vitelino: está cheo de vitelo, que alimenta ao embrión. Embrión Casca: protexeao embrión da desecación, pero permite o pasode O2 e CO2 Capas:actúan a modo de aparato excretor, recollendo refugos, e a modo de aparato respiratorio, permitindo expulsar CO2 e recoller O2. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE4 O desenvolvemento embrionario Animais vivíparos • Son animais que se desenvolven dentro do útero da nai. • O embrión aliméntase de nutrientes que a nai lle proporciona a través da pacenta, que une aos dous. • Ao finalizar o desenvolvemento, prodúcese a saída ao exterior mediante o parto. • Son vivíparos todos os mamíferos menos os monotremas (ornitorrincos e equidnas) e algunhas quenllas. O xabaril é un exemplo de animal vivíparo. Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE4 O desenvolvemento embrionario O embrión nos animais vivíparos Amnios:forma a cavidade amniótica, onde está o líquido amniótico no que flota o embrión. Embrión Cordón umbilical: une ao embrión coa pacenta. Placenta:extrae nutrientespara o embrión do sangueda nai. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO
UNIDADE4 O desenvolvemento embrionario Animais ovovivíparos • Son animais que se desenvolven no interior dun ovo, pero a nai reteno no seu interior ata a eclosión. • O embrión aliméntase do vitelo e prodúcese a eclosión ao termo do desenvolvemento, igual que en animais ovíparos. • A cría sae viva do interior da nai. • Algunhas quenllas, as víboras e certos insectos son exemplos de animais ovovivíparos. Moitas quenllas son ovovivíparas. Volver ao menú inicial Ciencias da Natureza 2.º ESO