1 / 21

O calendario romano

O calendario romano. Un calendario é a división do tempo que fai unha sociedade para regular as súas actividades (especialmente as agrícolas e as relixiosas). O sol. Natural. A lúa. Fundamento dos calendarios. Convencional.

Download Presentation

O calendario romano

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O calendario romano

  2. Un calendario é a división do tempo que fai unha sociedade para regular as súas actividades (especialmente as agrícolas e as relixiosas) O sol Natural A lúa Fundamento dos calendarios Convencional

  3. A terra tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45 segundos en dar a volta ao sol

  4. A lúa completa o seu ciclo en 29 días, 12 horas, 43 minutos e 12 segundos.

  5. O primeiro calendario do que fala a tradición romana foi elaborado por Numa Pompilio (2º rei de Roma) Nesta época o ano dividíase en 12 ciclos lunares: 12 x 29.5 = 354 días Como o ano natural dura 365 días había que intercalar cada certo tempo un mes, chamado precisamente “mes intercalar”. MARTIVS APRILIS MAIVS IVNIVS QUINTILIS SEXTILIS SEPTEMBER OCTOBER NOVEMBER DECEMBER IANVARIVS FEBRVARIVS

  6. Nesta época o ano comezaba o día primeiro de marzo.

  7. gennaio january enero janvier IANVS xaneiro gener No ano 154 a.C. o principio de ano cambiouse para o 1 de xaneiro. Aínda así, para determinadas ceremonias relixiosas o 1 de marzo seguiu simbolizando a renovación do ciclo anual.

  8. Os pontífices eran os encargados de elaborar os calendarios e de introducir os meses intercalares cando correspondía. No século I a.C. o caos producido polas guerras civís fixo que o calendario sufrise importantes desaxustes.

  9. No ano 46 a.C. o pontífice e dictador Xulio César decidiu correxir a situación e encargou unha reforma do calendario baseada nos coñecementos astronómicos que desde había moito tempo tiñan en Alexandría. Sosíxenes de Alexandría foi o sabio encargado de realizala.

  10. Mantívose a división do ano en doce meses, pero xa non se tivo en conta o ciclo lunar. MARTIVS 31 APRILIS 30 MAIVS 31 IVNIVS 30 QVINTILIS 31 SEXTILIS 30 SEPTEMBER 31 OCTOBER 30 NOVEMBER 31 DECEMBER 30 IANVARIVS 31 FEBRVARIVS 29

  11. Como o ano solar non dura en realidade 365 días, senón case 6 horas máis, cada catro anos había que engadirlle un día ao mes de febreiro. En honor de Xulio César o quinto mes cambiou o seu nome polo de IVLIVS. Este calendario, practicamente idéntico ao que empregamos hoxe en día, recibe o nome de “calendario xuliano”

  12. O sexto mes cambiou tamén o seu nome en honor do sucesor de César: Augusto. Como só tiña 30 días, houbo que engadirlle un que se lle restou a febreiro. Ademáis, para que non coincidisen seguidos tres meses de 31 días, o mes de setembro quedou con trinta e alterou a alternancia anterior. martius 31 aprilis 30 maius31 iunius 30 iulius 31 augustus 31 september 30 october 31 november 30 december 31 ianuarius 31 februarius 28

  13. No ano 1582, o papa Gregorio XIII viuse obrigado a reformar de novo o calendario, xa que Sosíxenes redondeara a duración do ano en 365 días e 6 horas. Como a duración real é de 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45 segundos, no século XVI estaba desaxustado. Foi necesario realizar un pequeno cambio nos anos bisestos. O calendario gregoriano segue a ser utilizado hoxe en día. É case exacto.

  14. O cómputo do tempo entre os romanos: que día é hoxe? Os anos A data de referencia máis habitual para o cómputo dos anos era o da fundación de Roma, o 753 a.C. según a noso cómputo. Por exemplo, o ano “octingentesimo et quinquagesimo ab urbe condita” sería o ano 850 desde a fundación da cidade, é dicir, o ano 97 da nosa era. Tamén podían nomear o ano enunciando en ablativo os nomes dos cónsules que desempeñaran o cargo nesa data. Por exemplo: “Anno octingentesimo et quinquagesimo ab urbe condita, Vetere et Valente consulibus…” Os días do mes Cada mes tiña tres datas de referencia: Kalendas: o primeiro día de cada mes. Nonas: o día sete en marzo, maio, xullo e outubro; o día cinco no resto. Idus: o día trece en marzo, maio, xullo e outubro; o día quince o resto. O resto dos días determinábanse contando canto faltaba para chegar á seguinte data de referencia.

  15. A semana A semana tal como a entendemos xorde a partir dunha antiga tradición romana de dividir o mes lunar en catro partes. Esta tradición, que non tiña moita importancia no calendario romano, adquiriu relevancia por influencia da cultura xudeo-cristiana. Os nomes dos días mantiveron en boa medida a denominación das antigas divinidades: Dies Lunae > Luns Dies Martis > Martes Dies Mercurii > Mércores Dies Iovis > Xoves Dies Veneris > Venres A Igrexa intentou correxir esta incoherencia dándolle aos días o nome de feriae, pero só triunfou no ámbito lingüístico galaico-portugués.

More Related