1 / 14

Tema 5- II República e Guerra Civil

Tema 5- II República e Guerra Civil. Forte oposición á ditadura en 1929. O rei decide retirar ó apoio a Primo de Rivera , que dimite a p. de 1930 Formación dun novo goberno presidido por Dámaso Berenguer , que restablece a Constitución de 1876

iolani
Download Presentation

Tema 5- II República e Guerra Civil

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Tema 5- II República e Guerra Civil

  2. Forte oposición á ditadura en 1929. O rei decide retirar ó apoio a Primo de Rivera , que dimite a p. de 1930 Formación dun novo goberno presidido por Dámaso Berenguer, que restablece a Constitución de 1876 Formación do Pacto de San Sebastián (republicanos, socialistas,nacionalistas cataláns)en 1930 para acabar coa monarquía. En decembro prodúcese un golpe militar en Madrid e Xaca que fracasa Ante a incapacidade de Berenguer para reconducir a situación,novo goberno presidido polo almirante Aznar (con representación política de tódolos partidos que apoian á monarquía).Convocatoria de eleccións municipais para o 12 de abril, cun triunfo maioritario dos partidos republicanos Afonso XIII abandona España e o 14 de abril proclámase a República. Fin da ditadura e da monarquía(1930-1931

  3. inicios da república

  4. Entre os partidos republicanos: Izquierda Republicana de Manuel Azaña(tendencia progresista) e o Partido Radical de Alexandre Lerroux. • Partido Socialista Obreiro Español(PSOE)dividido en dúas tendencias: partidarios de Indalecio Prieto (entendemento cos partidos republicanos) e Largo Caballero(cos sindicatos e o Partido Comunista) • Partido Comunista e Anarquistas (son numerosos, só forman sindicatos como a CNT. Propoñen a abstención nas eleccións). • Confederación de Dereitas Autónomas(CEDA), creada por GilRoblesen 1933. Partido conservador e que ten como base a defensa do catolicismo e o freo as reformas máis radicais. Dereita Liberal Republicana que ten como líder Niceto Alcalá Zamora. • Partidos de extrema dereita: Renovación Española (partidarios da volta da monarquía. Líder: Calvo Sotelo. Falanxe Española(ideoloxía similar ó fascismo. Líder: Xosé Antonio Primo de Rivera. • Partidos nacionalistas: PNV, Esquerra Republicana de Catalunya(LluísCompanys) e Partido Galeguista. Forzas políticas na Segunda República

  5. Numerosas medidas coas que se pretende modernizar o Estado, cambiar as relacións coa Igrexa e elevar o nivel cultural. • Afectan os grupos acostumados a controlar o poder(exército, militares, terratenentes, igrexa) • Destacan: Constitución de 1931(implanta un réxime totalmente democrático, no que tódolos partidos podían estar representados): • Establece a soberanía popular • Recoñece as liberdades individuais como a liberdade de expresión, reunión e asociación. Matrimonio civil, divorcio, dereito a educación e a protección ó traballo. • Establecemento dunha única cámara parlamentaria, o Congreso dos Deputados • A concesión do dereito de voto ás mulleres • Sistema de economía mixta: propiedade privada subordinada ó interese social. Expropiación de terras por razóns de utilidade social. Política de reformas do Bienio Reformista. Rep. de esquerdas ( abril de 1931-novembro de 1933)

  6. Posibilidade de crear rexións autónomas e o recoñecemento das linguas propias destas xunto co castelán • Definición de España como estado laico, sen relixión oficial. Recoñécese a liberdade de conciencia e dereito a practicar calquera relixión. Aprobación da Constitución en decembro. Alcalá Zamora é nomeada presidente da República e Azaña xefe dun goberno formada por republicanos e socialistas Póñense en marcha as seguintes reformas: • Reforma relixiosa:Limitación do poder da Igrexa: Disolución da Compañía de Xesús.Prohibición do ensino, secularización dos cemiterios, extinción do orzamento do clero, eliminación dos símbolos relixiosos e edificios públicos • Reforma agraria: para elevar a extrema pobreza do campesiñado e posibilitar o seu accesoá propiedade dos campesiños sen terra. Expropiación con indemnización dos latifundios non cultivados e a súa repartición entre os campesiños.

  7. Reforma do exército: elimínase o exceso de oficiais e a inxerencia dos militares na política • Reforma educativa: eliminación do analfabetismo (30-50%), construción de escolas xa que había máis dun millón de nenos por escolarizar, impulso da investigación científica, sistema de educación pública totalmente laica • Reformas autonómicas: aprobación do Estatuto de autonomía de Cataluña e recoñecemento da Generalitat.Proclama a Cataluña rexión autónoma dentro do estado español. FrancescMasiá presidente da Generalitat. • Desgaste da coalición por diversos motivos: • Golpe de Estado de Sanjurjo(agosto1932).Fracasa pola pouca implicación de mandos militares • Represión de Casas Viejas(xaneiro 1933). Ocupación de fincas por parte dos anarquistas en Andalucia. 23 persoas morren como consecuencia da brutal represión. Causa fundamental da dimisión de Azaña en setembro, como consecuencia dunha campaña dos partidos de dereita acusándoo da brutal represión • Reorganización das forzas de dereita:creación da CEDA (GilRobles) que tiña como lema: “relixión, familia, orde, prosperidade” , Falanxe española(Xosé Antonio Primo de Rivera), Renovación española (Calvo Sotelo) • Convocatoria de eleccións con sufraxio universal en novembro de 1933, gañadas polos partidos de dereitas.

  8. Dúas principais forzas no Parlamento: CEDA e o Partido Radical. Novo xefe de goberno: Alexandre Lerroux, que gobernará en coalición coa CEDA, aínda que nun primeiro momento a CEDA non participa no goberno Suprímense as reformas e a política autonómica e social postas en marcha no bienio anterior: anulación das expropiacións agrarias, obstáculos para a aplicación do estatuto catalán, atraso nos estatutos vasco e catalán, concesión de amnistía para os participante do golpe de estado de Sanjurjo,… Tensión máxima que se materializa na revolución de outubro de 1934( Lerroux nomea tres ministros procedentes da CEDA, entre eles GilRobles). Protesta dos partidos de esquerda(socialistas e anarquistas) e folga revolucionaria.

  9. Dimisión de Manuel Azaña e convocatoria de novas eleccións para novembro. • Dúas principais forzas no Parlamento: CEDA e o Partido Radical. Novo xefe de goberno: Alexandre Lerroux, que goberna en coalición coa CEDA. • Suprímense as reformas e a política autonómica e social postas en marcha no bienio anterior: anulación das expropiacións agrarias, obstáculos para a aplicación do estatuto catalán, atraso nos estatutos vasco e catalán, concesión de amnistía para o golpe de estado de Sanjurjo,… • Tensión máxima que se materializa cando Lerroux nomea tres ministros procedentes da CEDA, entre eles GilRobles).Socialistas e anarquistas convocan unha folga xeral. • revolución de Asturias en outubro de 1934. Triunfo da sublevación na cunca mineira. Oviedo é tomado. Enfrontamento de dúas semanas que adquire tintes de guerra civil. 1.000 mortos por parte das forzas sublevadas 300 polo exército. Represión moi forte que agudiza as tensión. Preludio da guerra civil española. • Cataluña. LluísCompanys proclama o estado catalán dentro da República española. 46 mortos. Suspensión do estatuto e encarceramento do seu presi Bienio negro ou de dereitas(nov.1933-feb1936

  10. A represión debilita a Lerroux, que depende cada vez máis da CEDA. Inestabilidade dos sucesivos gobernos. Convocatoria das eleccións para febreiro de 1936, que son gañadas pola Fronte Popular, coalición de esquerdas que une a socialistas, comunistas, nacionalistas e republicanos. As eleccións celébranse cun alto nivel de participación.Vota o 73%. Dous grandes bloques enfrontados: Fronte Popular (47%) e Dereitas(45%). Azañanomeado xefe de goberno. En xuño, é nomeado presidente da República e Casares Quiroga, xefe do goberno.

  11. Reinicio das reformas: • Ampla amnistía para presos políticos • Retoma a política reformista do goberno anterior • Política autonomista: Restablecemento a autonomía de Cataluña.Discusión do Estatuto Vasco e plebiscito do estatuto de autonomía de Galicia. • Política de traslado forzoso a militares non afectos á República: Franco (Canarias), Mola(Pamplona) e Goded (Baleares) • Aumento tensión social: • Grupos de esquerda radical(anarquistas, comunistas e parte dos socialistas) esperan por en marcha unha revolución social • Grupos de extrema dereita, especialmente Falanxe que aumente considerablemente a súa filiación despois das eleccións.(dialéctica dos puños e pistolas). As xuventudes da Ceda pásanse en masa ó fascismo • Enfrontamento continuos, asasinatos dun e outro signo (Xosé Castillo/Calvo Sotelo), folgas,, desordes públicos, ocupación de terras,… • Conspiración militar • Grupos conservadores acoden ó exército. Dirección de Mola. Sublevación do 17 de xullo de 1936 en África que se estende á Península Fronte popular (febreiro 1936-xullo 1936)

  12. En 1929 Santiago Casares Quiroga e Antón Vilar Ponte fundan a ORGA( Organización Republicana Galega Autónoma) coa finalidade de loitar pola república e Galicia Participación da ORGA no Pacto de San Sebastián Os republicanos, solos ou en alianza cos socialistas vencen nas cidades galegas nas eleccións do 12 de abril (agás Lugo) A ORGA vai perdendo protagonismo e intégrase no partido de Azaña Fundación do Partido Galeguista (1931)no que destaca Castelao. Estatuto de Galicia: redacción no ano 1932 e paralización co Bienio Negro Triunfo da Fronte Popular: no goberno de Casares Quiroga, realízase o referendo para o Estatuto de Galicia (28 de xuño de 1936) aprobado maioritariamente. Presentado a Cortes o 15 de xullo, pero tres días despois prodúcese a sublevación popular co que queda en suspenso. Galicia é dominada rapidamente polas tropas franquistas. As Cortes Republicanas en 1938 admiten a trámite o Estatuto, pero non foi discutido. Galicia na ii república

  13. Bando sublevado autodenominado “nacional”. • Oficiais intermedios, Igrexa católica (concepto de cruzada), masas católicas, medianos propietarios agrícolas. • Apoio da Alemaña nazi, da Italia fascista e Portugal salazarista. • Dominio das dúas Castelas, Galicia, Cáceres e Andalucía Occidental. • Organización de forma autoritaria e conservadora a través da Xunta de Defensa Nacional, con sede en Burgos e encabezada por Franco en 1936. En 1937 fusiónanse todas as forzas que o apoiaban : Falanxe tradicionalista e das XONS • Bando republicano: • Maioría dos altos oficiais do exército, masas obreiras urbanas, xornaleiros agrícolas, pequena burguesía. • Controlan Aragón, norte de España, Cataluña, Levante, Madrid, e case toda Andalucía • Non hai un mando centralizado. Sindicatos e partidos obreiros organizan exércitos populares, con medidas revolucionarias como colectivización de terras(Andalucia) e industriase servizos públicos (Cataluña coa CNT) • Sucédense tres xefes de goberno na zona republicana: Casares Quiroga, Xosé Giral,Largo Caballero (con ministros anarquistas e comunistas) e JuanNegrín(apoiado por comunistas) • Apoio intermitente de Francia e da Unión Soviética. Brigadas Internacionais. Formación dos bandos

  14. Primeiras operacións.(xullo-outubro 1936) Traslado do exército de África á Península. Obxectivo:Madrid. • Loita por Madrid (novembro 1936-marzo 1937). Resistencia das milicias populares”No pasarán”. O goberno trasládase a Valencia. • Campaña do Norte(abril-outubro 1937). Ante a resistencia de Madrid, trasládanse os ataques ó Norte. Caída do País Vasco (bombardeo de Guernica), Santander e Asturias. • Avance cara ó Mediterráneo (novembro 1937-novembro 1938).Batalla de Teruel e do Ebro e división en dúas da zona republicana que fai máis difícil a súa resistencia. Desgaste republicano, que acaba de decidir o triunfo nacional. • Caída de Cataluña e fin da guerra (decembro 1938-marzo 1939). Caída de Cataluña sen a penas resistencia en febreiro de 1939. Exilio de miles de persoas coa guerra practicamente perdida.Recoñecemento do goberno de Franco por Francia e Inglaterra. Descomposición da Fronte Popular.Entrada das tropas franquistas en Madrid e ocupación o 28 de marzo.Intento fallido de negociar o fin da guerra cos nacionais. O 1 de abril de 1939 Franco anunciou a vitoria das súas tropas. • Consultar mapa libro. • Consecuencias- libro Desenvolvemento da guerra

More Related