1 / 33

Castelao

Castelao. O artista plural. Biografía. Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950 Nace no seo dunha familia de mariñeiros Emigra á Arxentina , onde seu pai ten unha “ pulpería ” (lugar que o autor recrea na súa obra) Volve a Galicia no 1900 Estuda Medicina en Santiago

vinaya
Download Presentation

Castelao

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Castelao O artista plural

  2. Biografía • Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950 • Nace no seo dunha familia de mariñeiros • Emigra á Arxentina, onde seu pai ten unha “pulpería” (lugar que o autor recrea na súa obra) • Volve a Galicia no 1900 • Estuda Medicina en Santiago • Exerce brevemente como médico en Rianxo • Ingresa despois no corpo técnico de Estatística

  3. Casa con Virxinia Pereira • É destinado a Pontevedra, dando clases de debuxo no Instituto Xeral • Morre o seu único fillo aos 13 anos • É desterrado a Badaxoz en 1934 • Ingresa nas Irmandades da Fala, é director artístico da revista Nós. • É un dos fundadores do Partido Galeguista (foi deputado por Pontevedra) • A guerra civil sorpréndeo en Madrid e o final en EEUU, de onde marchou a Bos Aires

  4. Castelao pintor e debuxante • Dáse a coñecer como pintor e debuxante • Os seus debuxos representan as características físicas máis acentuadas dos galegos • Reflicte problemas políticos e sociais da época, cunha forte carga solidaria

  5. 1ª etapa • Desde o álbum Nós (1916) a Cincuenta homes por dez reás (1931)e as ilustracións de Cousas da vida. • Protagonistas: os personaxes populares, nenos, cegos, mulleres homes do mar, labregos empobrecidos en contraste coa burguesía

  6. 2ª etapa • A partir da Guerra Civil, con debuxos inspirados polos terror fascista e os combates • Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos • Usa o claroscuro • Acompáñaos de textos moi breves (a penas tres palabras)

  7. Arriba os pobres do mundo

  8. A derradeira lección do mestre

  9. Claves da obra de Castelao (que o diferencian do resto da xeración) • Non proxecta a súa ideoloxía na obra narrativa (as súas ideas aparecen en ensaios e conferencias) • Non ten unha visión elitista da arte • Amosa a realidade do seu tempo: distintas facetas das clases populares (protagonistas das súas obras)

  10. Perto de min repousa un zapateiro. Contoume as súas coitas nun tono menor: -Eu tiña unha voz de trono, unha voz que metía medo de fonda que era i en calidá de fenómeno entrei coma baixo no orfeón.; mais dalí a pouco de entrare o direutor díxome que desafinaba e tiveron o callo de botarme fóra. Deus regalárame cunha gorxa e non me dera orella… Tan magoado fiquei que perdín a coor e os folgos pro traballo, desenganeime, enflaquecín e púxenme a morrer. Todas as noites escoitaba os ensaios do orfeón acochadiño nas tebras da rúa, sospirando arreo coa ialma doída. A tristura foi estruchándome a caixa do peito e no derradeiro ensaio do orfeón fuxeu a vida de min nun suspiro velaíño. O pobre zapateiro marreu de saudade.

  11. A súa obra gózase de inmediato: non se precisan códigos ideolóxicos para entendela • Prosa substantiva, depurada, sinxela e próxima á poesía • Amosa os defectos da sociedade a través do humor • Lirismo: a través de recursos expresivos, selección do léxico...

  12. A tola do monte AÍNDA EU ERA MÉDICO rural e rubía por un camiño da serra. Os casales estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis que toxos e pedras. No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petrucio que camiñaba de par do meu cabalo contoume: -¡Malpocadiña! Chámanlle a tola do monte. Era unha rapaza ben asisada e bonita coma un sol e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e dispois de perde-lo xuicio tívolle un fillo e contan que foi do demo… Por riba da tola do monte voaba un miñato.

  13. O PROFUNDADOR ERA UN BARBEIRO DE SÁBADO que amaba os libros que non entendía e gustaba de lelos todos enteiros. Unha vez atopeino coa testa pousada nas mans, ó xeito dun pensador, e díxome: -Estou profundando. E dende entón, pra min hai homes que profundan. O tal barbeiro de sábado pasou pola vida cos sentidos revirados cara a súa iñorancia, traballando a carón dun compañeiro que tiña os sentidos abertos ao mundo. Ensumíase arreo dentro de si mesmo pra profundar nos mistéreos da outra vida e sempre remataba laiándose:

  14. -Non podo profundar máis porque non sei latín. Un día pousou os ollos no mar –endexamais reparaba en cousas miúdas- e dispois de ter profundado un bo retrinco de tempo deitou na orella do seu compañeiro ista frase: -O mar ¿sabes? O mar… ¡é un fenómeno! O pobre barbeiro de sábado asombraba a todos coa súa sabencia… Unha vez púxose serio, coma un frade de pau, e aseguroulle ó compañeiro: -Eu teño que morrer e teño que ser xuzgado, pese que me pese, ¿sabes? E decíao soletreando o pese que me pese. As máis veces o barbeiro de sábado dubidaba dispois de profundar en cousas do outro mundo.

  15. O pobre barbeiro de sábado morreu e puxérono nunha caixa de pino e o seu compañeiro foi a velo e botou unha bágoa. E unha muller, das que facían o pranto, decía: -¡Agora xa non profundas! ¡Agora non profundas porque xa o sabes todo!

  16. Narrador: presenta os feitos como vivencias directas, noticias recibidas de protagonistas ou testemuñas • Utiliza recursos realistas: manuscrito encontrado (que o editor só edita); isto dá verosimilitude. • Técnica narrativa: denótase o fundamental, o demais queda suxerido. • Textos breves e sincréticos.

  17. (…) Despedinme dil e cando xa iña pola estrada, camiño da cibdade, oín que me chamaba dende a porta do cimeterio. -¡Oia, veña acó! E dispois quediño e moi solermiñamente deitoume na orella ista pregunta: -Vostede, que é médico, ¿non sabería onde mercan ollos de vidro? E por catro cartos fíxenme dono do ollo de vidro e das memorias. As memorias do esquelete é o que ides ler. Escoitade, pois, a un home do outro mundo pregándovos por adiantado que non me fagades solidario das súas ideas.

  18. Obra narrativa

  19. Un ollo de vidro (1922) • Protagonista: un defunto cun ollo de vidro que o converte no único do cemiterio que pode ver • Xustaposición de breves estampas tinguidas de humor negro • Amosa a sociedade galega desde unha perspectiva crítica • Subtitulado: Memorias dun esquelete.

  20. O ENTERRADOR, MEU AMIGO Leutor: Certo día fitoume unha vaca. ¿Qué coidará de min?, pensei eu; e naquel intre a vaca baixou a testa e sigueu comendo na herba. Agora xa sei que a vaca somentes dixo: -Bo, total un home con anteollos. E ó mellor eu non son máis que o que coidou a vaca. Velaí a ledicia de pensar que cando a miña calivera estea ó descuberto xa non poderá xuzgarme ningunha vaca.

  21. Cousas (1926, 1929) • As “cousas” con pequenas prosas literarias de temática variada. • Ambiente mariñeiro e labrego, sobre todo. • Cada “cousa” vai acompañada dunha ilustración que sintetiza o momento culminante da historia. • Son a creación máis orixinal de Castelao: sintetiza o narrativo e o plástico.

  22. OS CRUCEIROS ONDE HAI UN CRUCEIRO houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo. ¿Tedes reparado nos nosos cruceiros aldeáns? Pois reparade. A Virxe das Angustias, enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores, é a piedade creada polos canteiros. Os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non podían maxinar un home no colo da nai. Para os artistas canteiros, Xesucristo sempre é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos no colo das nosas nais. Reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros.

  23. Retrincos (1934) • Son 5 relatos ordenados cronoloxicamente (infancia, adolescencia, mocidade e madurez do narrador–autor) • Cada conto é unha unidade autónoma. • O único punto de relación entre os contos é narrador (conta historias do seu pasado) • Reflexiónase sobre a condición humana, o paso do tempo, a vida, a decadencia e a morte.

  24. Os dous de sempre (1934) • Única novela que escribiu. • Utiliza unha técnica semellante ás Cousas. • Presenta unha concepción determinista do individuo: as condicións sociais e familiares determinan a psicoloxía e o devir dos protagonistas. • Segue a vida de dous protagonistas desde a infancia á madurez. • Os dous teñen personalidades contrapostas

  25. Obra teatral

  26. Os vellos non deben de namorarse • Estreada en 1941 no exilio arxentino. • Conta a historia de tres vellos que se namoran de mozas. • Composta en clave de comedia. • Personaxes esquemáticos.

  27. Obra ensaística

  28. As cruces de pedra na Bretaña (1930) e As cruces de pedra na Galiza (1950). Sobre arte popular. • Sempre en Galiza (1944) • Sintetiza o seu pensamento político • Ofrece unhas memorias de actividade política durante os anos da república. • Fai unha crítica contra o modelo centralista do Estado (alternativa: federalismo ibrérico).

More Related