1 / 22

A literatura galega nos Séculos Escuros

A literatura galega nos Séculos Escuros. ÍNDICE. INTRODUCIÓN A DECADENCIA DA ESCOLA TROBADORESCA MANIFESTACIÓNS LITERARIAS A ILUSTRACIÓN. INTRODUCIÓN. Século XIV-XV: a lingua e a literatura galega reducidas ao ámbito oral Loitas dinásticas: Dinastía dos Trastámara

Download Presentation

A literatura galega nos Séculos Escuros

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A literatura galega nos Séculos Escuros

  2. ÍNDICE • INTRODUCIÓN • A DECADENCIA DA ESCOLA TROBADORESCA • MANIFESTACIÓNS LITERARIAS • A ILUSTRACIÓN

  3. INTRODUCIÓN • Século XIV-XV: a lingua e a literatura galega reducidas ao ámbito oral • Loitas dinásticas: • Dinastía dos Trastámara • Sabela a Católica-Xoana a Beltranexa • Perda de poder político e sometemento a Castela. • Represión da nobreza galega disidente. • Sometemento e dependencia das principais ordes relixiosas. • So 10% bispos e 2% funcionarios son galegos. • Proceso de “doma y castración del Reino de Galicia”.

  4. REINO DE GALIZA s. XIV As guerras dinásticas pola coroa de Castela (FACTORES SOCIOPO-LÍTICOS) levarán o Reino de Galiza á primeira substitución nobiliar Pedro I, o Cru Henrique de Trastamara

  5. s. XV REINO DE GALIZA Nova guerra dinástica pola coroa de Castela. FACTORES SOCIOPO-LÍTICOS levarán o Reino de Galiza á segunda substitución nobiliar. Finalizada, Galiza ficará sometida a Castela. Xoana a Beltranexa Isabel, a Católica Ao ganar Isabel a Católica, suprimiu o reino de Galiza, o seu dereito a voto nas cortes e implantou un novo sistema administrativo. A partir desa época, só se imprimiron escritos en castelan e en latín, o galego quedou reducido a un ámbito coloquial, apartado do ensino, só se mantivo como lingua oral. Galego: Lingua do pobo

  6. s. XV REINO DE GALIZA • Resistencia dos nobres galegos • ós Reis Católicos • Artigo principal: • Doma y castración • del Reino de Galicia. • “En aquel tiempo se comenzó • a domar aquella tierra de Galicia, • porque no sólo los señores • y caballeros della • pero todas las gentes • de aquella nación • eran unos contra otros • muy arriscados y guerreros • (cronista aragonés, • Jerónimo de Zurita)

  7. Séculos Escuros: • Período histórico que comprende os séculos XV,XVI e XVII, caracterizado pola marxinación social do idioma galego debido, á imposición do castelán, e pola ausencia case total de literatura culta escrita en lingua galega. • Acompáñase dun progresivo empobrecemento económico e demográfico e unha marcada marxinación política.

  8. SÉCULOS ESCUROS XVI-XVII Mapa dos reinos e territorios gobernados polos Reis Católicos arredor do ano 1500. A dúas cores os reinos que foron sometidos no seu mandato: Galicia, Navarra e Granada.

  9. Mapa cartográfico do Reino de Galiza. s.XVI. Feito por Ioannes Baptista Vrints.

  10. DECADENCIA ESCOLA TROBADORESCA • Morte de D. Denís e do Conde de Barcelos (s. XIV) uso do castelán (Escola galego-castelá; Cancioneiro de Baena) • Causas da decadencia: • Dificultades económicas da nobreza • Fin da Reconquista • Ascenso da burguesía • Perda de poder político de Galicia

  11. MANIFESTACIÓNS LITERARIAS • Literatura galega case exclusivamente carácter oral, popular e anónima. • Unha pequena parte recompilada e salvada polos Ilustrados como Pai Sarmiento. • Poesía popular: temas de actualidade, temas históricos ou de circunstancias. • Poesía tradicional anónima: cantigas semellantes ás medievais. • Coplas, adiviñas, contos, lendas.

  12. MANIFESTACIÓNS LITERARIAS • Poesía popular: temas de actualidade. • O tema do Mariscal: O pranto da Frouseira(traizón ao Mariscal Pardo de Cela e axustizamento do mesmo polos RRCC) • Temas históricos ou de circunstancias: Coplas no saqueo de Cangas polos turcos (1617, ataque á vila mariñeira polos berberiscos no Nadal).

  13. s.XVI s.XVII De mîn a triste Frouseyra,que por treyçon foy vendida,derribada na ribeyra,ca jamais se veo vencida.Por treyçon tamben vindidoJesus nosso redentor,e por aqueestes tredores,Pero Pardo meu señor. Pranto da Frouseira, século XV-XVI. Anónimo Portada da obra "Descripción de la costa del reyno de Galizia", cartografía da costa do reino, realizada por Pedro de Teixeira Albernas arredor de 1625

  14. MANIFESTACIÓNS LITERARIAS • Poesía culta renacentista: (s. XVI) • O soneto de Monterrei (autor descoñecido, “parcas” seres mitolóxicos que tecen os fíos da vida e da morte) • O soneto da Condesa de Altamira(escrito por ela, Isabel de Castro e Andrade, en honra a Alonso de Ercilla que publica La Araucana) • Poesía culta barroca: (s. XVII) • Exequias pola morte da raíña Margarida: • “Soneto con falda” de Xoán Gómez Tonel e • “Respice finem” de Pedro Vázquez de Neira

  15. MANIFESTACIÓNS LITERARIAS • Poesía culta barroca: (s. XVII) • Décimas ao apóstolo Santiago. 1617, crego compostelán Martín Torrado. • Composición das Festas Minervais,1697, certames literarios Universidade de Santiago, 9 romances de loa ao arcebispo Afonso III de Fonseca, recompilados coas demais composicións nun libro.

  16. MANIFESTACIÓNS LITERARIAS • TEATRO: • Teatro litúrxico. • Entroido • Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (Gabriel Feixoo de Araúxo): 1671, disputa entre os galegos e portugueses pola pesca no Miño que conclúe coa súa reconcialición, 433 versos, tamén coñecido como Contenda dos labradores de Caldelas. • VILANCICOS: • Vilancicos de galego: mestura de galego-castelán ou galego-portugués; galeguización da escena de Nadal. • Vilancicos galegos: • Fins do s. XVIII • Catedrais Santiago e Mondoñedo • Poetas galegos

  17. MANIFESTACIÓNS LITERARIAS • Prosa: • Comezos s.XVI: “Relazón da carta xecutoria e copia dos que venderon a Frouseira”. Relación do nome e procedencia dos traidores que axudan aos RRCC na morte do Mariscal Pardo de Cela. • Cartas enviadas e recibidas polo Conde Gondomar Diego Sarmiento de Acuña, embaixador en Inglaterra (s.XVII), o cal estimaba moito a súa lingua.

  18. Desprezo dos galegos na literatura castelá dos Séculos de Ouro (XVI_XVII) O pobo galego foi obxecto dun proceso secular de desprestixio etno-cultural por parte da cultura rival de Castela. O poder cultural tratou de asoballar a cultura e a lingua galegas porque éstas cuestionaban coa súa existencia a unidade da patria. A lingua castelá tiña o privilexio do control ideolóxico e social na Coroa de Castela. Numerosos exemplos nos proporcionan os escritores casteláns, principalmente do Século de Ouro español, para demostrar a proceso de desprestixio dos galegos e das galegas, e da súa cultura minorizada... Xabier Lago Mestre, presidente da Asociación Fala Ceibe do Bierzo

  19. Desprezo dos galegos na literatura casteládos Séculos de Ouro (XVI_XVII) Con un cuerto de turrón y con agua y con gragea, goza un Píramo barata Cualquier Tisbe Gallega (…) (Clara referencia ás criadas galegas, das cales os satíricos ríanse delas por sucias e estúpidas) Corita en cogote, y Gallega en ancas; Gran mujer de pullas para los que pasan (…) Novo exemplo da burla pola fealdade das galegas. Quevedo Porque han de ser los criados (salvo en todo los gallegos) obedientes como ciegos, y, como mudos, callados Hay gallega, rolliza como un nabo entre puerca y mujer, que baja al río y lava más gualdrapas que un esclavo cantando como un carro en el estío". Lope de Vega "Gallegos. Gente non sancta. Esto el vulgo que los nobles es de lo mejor de España". Galicia, nunca fértil de poetas mas si de casas nobles ilustres capitanes y letrados "No le faltará una moza gallega que le quite los zapatos, que aunque tiene las tetas grandes, es ya cerrada de años, y como vuesa merced no cierre la bolsa, no haya miedo que cierre los brazos". Quixote de Avellaneda

  20. A ILUSTRACIÓN (s. XVIII) • Segue a marxinación do galego a base de decretos legais. • Prohíbese nas escolas, teatro, administración e igrexa. • Algunhas figuras reaccionan demandando o seu uso no ensino, na igrexa e na escrita en xeral. • Pescudan nas súas orixes. • Defenden a súa capacidade e valía. • Preocupación polos temas lingüísticos e filolóxicos. • Escriben en castelán pero comezan a empregalo nalgunhas composicións líricas e en prosa (abren o camiño ao Rexurdimento no s.XIX).

  21. A ILUSTRACIÓN (s. XVIII) • Pai Benito Feixoo: dedicou páxinas ás orixes da lingua galega, os seus irmáns escriben algúns poemas en galego. • Pai Martiño Sarmiento: • Estudos en todos os campos do saber • Traballos sobre o galego e Galicia • Coloquio de 24 galegos rústicos, 1746, coplas ao estilo popular onde recompila voces do galego que escoitou, leu e anotou nas súas viaxes. • Xosé Cornide e Saavedra: soneto “A Filida”, dúas décimas. • Diego Antonio Cernadas e Castro, o cura de Fruíme: • O máis famoso poeta do s. XVIII • Parte da súa obra poética en galego, continua gabanza de Galiza e da aldea.

  22. Fin Presentación • Fontes:- Presentación de Manuel Mosteiro “A literatura nos SSEE”- Presentación de Sofía Rama “Do esplendor medieval aos Séculos Escuros”- Libro de texto “Lingua e Literatura 1º Bacharelato” do Consorcio Editorial Galego.- Ana Belén Moreda Rodríguez.

More Related