1 / 5

FESTA REVOLTA

FESTA REVOLTA. S.O.S. COUREL SÁBADO, 11 de AGOSTO en FROXÁN. ROTEIRO DA ARTE! música danza monicreques e máis… A partires das 11:00h. (saida dende Froxán ). POLA MAÑÁ:. ANIMACIÓN NA EIRA Música Circo das pulgas Documentais Proxectarase:

lulu
Download Presentation

FESTA REVOLTA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. FESTA REVOLTA S.O.S. COUREL SÁBADO, 11 de AGOSTO en FROXÁN

  2. ROTEIRO DA ARTE! música danza monicreques e máis… A partires das 11:00h. (saida dende Froxán) POLA MAÑÁ:

  3. ANIMACIÓN NA EIRA Música Circo das pulgas Documentais Proxectarase: “As encrobas a ceo aberto” e “O salario do silencio” POLA TARDE:

  4. Á NOITE: ULTRANOITE “S.O.S. COUREL” Participarán artistas coma Os da Ría, Pablo Trasno, Chévere, Mónica García, Os Cantos Rodados, Bernardo Martínez, Clara Gayo, Carlos Santiago, Expo e o . Último uruguayo, Blanca Novoneyra, Comba Campoy,… REMATE ás 12:oohda noite

  5. SOS COUREL: A Serra do Courel atópase en estado de emerxencia. A causa dunha política cada día máis incomprensibel por parte da Administración galega, unha das contornas naturais máis sobranceiras de toda Europa vese ameazada pola construcción de 50 novas canteiras que se sumarían así a ducia de pizarreiras xa existentes, ilegais ata o de agora en moitos casos ou sen garantías medioambientais, e consolidadas pola administración como feitos consumados. Na Xunta de Galiza néganse a recibir ás asociacións veciñais e culturais que se opoñen a este despropósito proxectado nun territorio declarado Espazo Natural en 1989 e incluido na Rede Natura dende o 2000. A Xunta vén de reducir o Parque Natural previsto a menos dun séptimo do Macizo Montañoso do Courel, deixando o resto do territorio a mercé dos mercaderes que contra un aproveitamento sostibel da lousa e un auténtico beneficio económico da comunidade courelá pretenden furar a serra para espoliar as vetas da pizarra, caliza e outros materiais destruindo sen contemplacións o noso patrimonio natural e cultural e envorcando todo o refugallo e o escombro xerado sobre a indiferenza cidadá. Sen dúbida o cambio político vaise encher no Courel de auténtico contido mudándolle a faciana para sempre ao vasto templo reverenciado no seu día por Uxío Novoneyra, como ben lembraba Xosé Manuel Beiras hai pouco tempo nunha serie de artigos sobre a proxectada desfeita. O escándalo é ainda maior cando dun xeito aparentemente premeditado, a administración está a desmantelar servizos sociais e sanitarios básicos na zona, agudizando, ante a falta de perspectivas de desevolvemento sostibel, o deslocamento da comunidade courelá. Por iso dende a sociedade civil, faremos un chamamento en solidariedade coa asociación SOS Courel para participar na súa campaña en defensa da serra cando máis o precisa. Queremos convidar a todos e todas as cidadás a unha xornada festiva de loita que terá lugar o vindeiro 11 de agosto en Froxán, con diversas actividades artísticas e ecolóxicas e a celebración dunha ULTRANOITE especialmente adicada ao SOS Courel, na que diversos e diversas artistas do país pasarán revista en clave cómica retranqueira á situación na que se atopa a Serra perante a cobiza e a comenencia duns poucos e a complicidade doutros tantos. Pois xa que o poder político, baixo calquera das súas apariencias non parece aprestarse a servir ao ben común e cumprir coas súas obrigas como garante do noso patrimonio natural e cultural, só aos cidadáns e ás cidadás nos compre erguer defensas e loitar pola súa preservación coas armas que nos son dadas: o humor e a intelixencia. BURLA NEGRA SOS COUREL ASOCIACIÓN FONTE DO MILAGRO REDE DE ACCION SOCIO-CULTURAL ARREDEMO FEDERACIÓN ECOLÓLOXISTA GALEGA

More Related